InicioEconomíaPeche simbólico en Vigo e A Coruña para pedir apoio ao sector...

Peche simbólico en Vigo e A Coruña para pedir apoio ao sector do lecer nocturno

Denuncian a "neglixencia, inxusticias e arbitrariedade das actuacións da administración, que están a levar ao abismo a un dos sectores emblemáticos da actividade turística".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empresarios e traballadores de lecer nocturno iniciaron este mércores un peche simbólico de 12 horas en locais de Vigo e A Coruña, como medida de protesta pola situación do sector derivada das restricións adoptadas pola pandemia de coronavirus.

Así, xerentes, propietarios e persoais concentráronse para ler un manifesto ante senllos locais das dúas cidades, nunha iniciativa convocada a nivel de toda España pola Federación Nacional de Empresarios de Lecer e Espectáculos, e apoiada por ‘Galicia de Noite’.

Baixo a lema ‘Insomnio. Quitástesnos o soño’, este colectivo lembrou que levan 6 meses “sen apenas actividade” e que viven unha “situación desesperada”. Así mesmo, denunciaron a “neglixencia, inxusticias e arbitrariedade das actuacións da administración, que están a levar ao abismo a un dos sectores emblemáticos da actividade turística”.

Segundo sinala Galicia de Noite, case o 25 % dos locais de lecer nocturno na comunidade botaron o peche e, ata finais deste ano, estímase que “se poden destruír máis de 4.690 empregos directos e arruinar o 69,29 % das pemes do sector do lecer e os espectáculos”.

Entre as reivindicacións destes empresarios, están que se aclaren as condicións de ampliación dos ERTE, para saber que empresas beneficiaranse e cales “quedarán desprotexidas”; tamén reclaman un “plan de rescate” para o locais lecer, de maneira que se amplíen os prazos de amortización dos créditos ICO, que se bonifique o 100 % das cotizacións á Seguridade ou se supriman as cotas de autónomos, ademais de que se outorguen axudas directas para o pago do aluguer dos locais.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...