InicioEconomíaPharmaMar súmase á carreira por atopar un medicamento contra a Covid

PharmaMar súmase á carreira por atopar un medicamento contra a Covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

PharmaMar anunciou a creación dunha nova unidade de viroloxía co fin de investigar, desenvolver e achegar medicamentos en enfermidades víricas para as que aínda non hai tratamentos eficaces.

A prioridade actual desta unidade está centrada en atopar un tratamento eficaz contra o SARS-CoV-2, segundo informa a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A empresa apunta que está en fase de desenvolvemento clínico coa súa molécula plitidepsina como tratamento contra a covid-19. Na actualidade, ten en marcha un ensaio clínico para avaliar “a seguridade e eficacia de plitidepsina en tres niveles de dose“.

Espera que os resultados deste primeiro estudo estean dispoñibles durante o mes de outubro e engade que “plitidepsina demostrou en diferentes estudos preclínicos a súa eficacia contra o SARS-CoV-2 e outros tipos de coronavirus”.

A molécula de PharmaMar foi investigada en ensaios in vitro en varios centros de investigación de referencia a nivel mundial como o Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC, o Instituto de Patógenos Emerxentes do hospital Mount Sinai de Nova York, o hospital Germans Trias i Pujol Barcelona e o Institut Pasteur de Corea4.

“Estes estudos preclínicos demostran que plitidepsina in vitro elimina a carga viral de covid-19 a concentracións nanomolares. Unha molécula con potencia nanomolar, como é o caso de plitidepsina, obtén a mesma eficacia que unha molécula con potencia micromolar, pero cunha dose máis de mil veces inferior a esta última”, explica.

Segundo destaca o presidente de Pharma Mar, José María Fernández, “o mundo está a vivir diferentes tipos pandemias de virus en diferentes zonas” e “cada vez son máis importantes e están a ter un gran impacto social e económico”.

“Na actualidade convivimos con virus en especies animais que son susceptibles de dar o salto de especie e acabar afectando ao ser humano. Por este motivo, necesitamos estar preparados para combater os virus que actualmente están a afectar e impactando gravemente á sociedade e aos virus que poderían vir nun futuro próximo. Isto, que é o que pasou co SARS-CoV-2, podería volver pasar”, advirte.

NOMEAMENTOS

A nova unidade de viroloxía será liderada por Belén Sopesén, doutora en farmacia pola Universidade Complutense de Madrid cun programa de desenvolvemento directivo no IESE. Vinculada a investigación e desenvolvemento farmacéutico desde 1997, incorporouse ao grupo Pharma Mar en 2005 e desde 2020 é directora de asuntos corporativos do grupo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...