InicioEconomíaA CIG mobilízanse contra a "represión sindical" da empresa GKN á súa...

A CIG mobilízanse contra a “represión sindical” da empresa GKN á súa delegada

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG realizou unha concentración este mércores ás portas dos xulgado do Social de Vigo para denunciar a “represión sindical” que está a sufrir a delegada da formación en GKN Automotive. Segundo apuntan dende o sindicato, esta representante gañoulle un xuízo á empresa no que se recoñeceu a cesión ilegal por parte da contrata na que traballaba (Servicios Profesionales de Prevención S.L) e GKN Driveline SA, outorgándolle o dereito de opción á traballadora. Na sentenza do TSXG, emitida o 18 de novembro declarábase tamén a súa condición de persoal indefinido con categoría profesional de licenciada e unha antigüidade do 1 de maio de 2018.

Porén, e sempre segundo a versión do sindicato, GKN non a deu de alta até o 28 de marzo “sen ter a día de hoxe comunicación ningunha por parte da mesma, nin tarxeta de entrada para poder acceder á fábrica, estando en situación de regulación de emprego dende entón e sen ir un só día traballar a pesar de que a empresa informou o día 20 que suspendía o ERTE até finais de agosto polo incremento da demanda”.

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Francisco González Sío, lembrou neste aspecto que xa o pasado día 16, a CIG presentou denuncia na Inspección de Traballo porque aínda que a traballadora está regulada “as súas tarefas son realizadas por contratas, indo esta actuación en contra do propio decreto que regula os ERTE”.

VULNERACIÓN DE DEREITOS

Ademais do proceso por cesión ilegal xa resolto no TSXG,  a traballadora tiña presentada outra demanda por despedimento improcedente que é a que hoxe se ve no xulgado do Social. Segundo apuntan dende a formación, a empresa GKN pretende utilizar este trámite “como escusa” para non recoñecerlle a súa condición de delegada sindical.

“O que está facendo a empresa é tentar limitar o dereito da CIG  a elixir os seus e as súas delegadas sindicais, mesturando intencionadamente as garantías de indemnidade que recolle a Lei orgánica de liberdade sindical co proceso xudicial, ao argumentar que é unha fraude de lei porque a sección sindical da CIG a nomeou para que non a poidan despedir. Pero a empresa non ten potestade para decidir a quen designa a CIG para representar a súa afiliación, iso é algo que só lle corresponde á sección sindical”, apunta González Sío.

Neste aspecto, a representación da CIG denuncia que GKN está vulnerando dereitos fundamentais da traballadora recollidos na constitución e na Lei Orgánica de Liberdade Sindical, ao “perseguir a unha empregada e discriminala no traballo pola súa militancia sindical” e ao tempo “negando o dereito da sección sindical da CIG e elixir a delegada sindical”. Ambas cuestións xa foron denuncias pola Federación de Industria na Inspección de Traballo e tamén serán denunciadas en vía xudicial.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...