InicioEconomíaDenuncian ante Inspección de Traballo o ERTE da empresa GKN

Denuncian ante Inspección de Traballo o ERTE da empresa GKN

A CIG remarcou que os despedimentos de persoal eventual realizados recentemente incumpren os acordos de contratación indefinida e demandou á fábrica de compoñentes pola "falta de equidade nos días de regulación e a ausencia de información sobre a regulación dos seus afiliados".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados da CIG na auxiliar de automoción GKN denunciaron ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) a aplicación dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na empresa a pesar de que, segundo aseguraron, os seus empregados realizan horas extraordinarias en forma de prolongación de xornada.

En concreto, o ERTE aplicado por causas económicas técnicas organizativas ou de produción aplícase desde o pasado 8 de xuño e permanecerá en vigor ata final de ano. Así, afecta á totalidade da pantilla da fábrica viguesa, uns 800 traballadores.

Nun comunicado, a central remarcou que os despedimentos de persoal eventual realizados recentemente incumpren os acordos de contratación indefinida e demandou á fábrica de compoñentes pola “falta de equidade nos días de regulación e a ausencia de información sobre a regulación dos seus afiliados”. Así, criticou que “non se respecte” o dereito de información da sección sindical.

Ademais, sinalou que o acordo alcanzado no marco do ERTE apunta a creación dunha comisión para cumprir o equilibio nos días de desemprego dos traballadores. A ese respecto, na denuncia reflectiu que os afiliados á CIG “sofren máis días de regulación”. De feito, recalcou que unha técnica de prevención “non foi nin un só día ao traballo” e que a empresa “utilizou unha contrata para substituíla”, aínda que a normativa non o permite.

Nesta liña, o sindicato subliñou mediante a denuncia “a realización de horas extraordinarias en forma de prolongacións de xornada e traballos en fin de semana” a pesar de que varios empregados continúan sometidos ao ERTE. Tamén remarcou que a empresa carece dun mecanismo para facilitar a información do rexistro de xornada ás centrais sindicais e as horas extraordinarias realizadas.

Adicionalmente, a sección sindical entregou outra denuncia na que informa á Inspección de Traballo do peche dos vestiarios aplicado desde o inicio do estado de alarma, así como de que a empresa non buscou unha alternativa a esta situación mediante o comité de saúde laboral.

ÚLTIMAS

Feridas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9, en Redondela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9,...

O Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á contratación...

O PP de Vigo esixe unha comisión de investigación sobre o accidente mortal en Matamá

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo rexistrou unha moción, que se...

Arde por completo unha lancha fronte á illa de Toralla

Unha lancha de recreo ardeu por completo en Vigo, resultando ilesos os seus tripulantes,...