InicioEconomíaEmpresas porriñesas buscarán unha vacina para o coronavirus

Empresas porriñesas buscarán unha vacina para o coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas empresas galegas traballan no desenvolvemento de vacinas contra a COVID-19. En concreto, CZ Veterinaria, S.A. e Biofabri, S.L., ambas do grupo Zendal do Porriño, que lograron financiamento do fondo extraordinario de I+D para facer fronte ao coronavirus.

En suma, as empresas recibirá 986.227 euros aos proxectos, 499.807 euros e 486.420 euros, respectivamente, como parte da primeira resolución das subvencións impulsadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

A resolución concedeu uns 2,9 millóns de euros a sete proxectos con sede en España, o que supón o 80 por cento do orzamento total destas iniciativas. Tres deles traballan no desenvolvemento de vacinas, dúas en sistemas de ventilación asistida e outros están relacionados coa fabricación de produtos sanitarios de protección.

A convocatoria conta con 12 millóns de euros para iniciativas empresariais de I+D para aumentar tanto a produción de material de emerxencia como ao tratamento e diagnóstico da enfermidade.

ÚLTIMAS

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...