Feijóo súmase tamén ás demandas dos alcaldes do Miño para que se abran todos os pasos fronteirizos

Paso Fronterizo de Tui © Miguel Nuñez

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sumouse este venres ás peticións dos acaldes de localidades fronteirizas para que se abran os pasos do Miño. Así, acusa só ao Goberno de Pedro Sánchez de ser o responsable do caos nas fronteiras con Portugal e outros países europeos, a pesar de que o control e apertura de fronteiras depende dos dous países implicados e, logo, de directrices da UE.

Pois coa apertura de fronteiras seguimos sen saber que vai pasar”, dixo este venres Alberto Núñez Feijóo tras anunciar este xoves o Goberno central que a reapertura ía ser o 22 de xuño e logo modificou a data ao 1 de xullo xa que portugueses e franceses destacaron que non tiñan inteción de abrir as fronteiras antes do vindeiro mes.

“Esta situación afecta ao turismo e ás relacións internacionais por vaibéns do Goberno”, dixo Feijóo que lembrou que portugueses, primeiro, e alemáns, despois, son os que máis visitan Galicia . “Hai que ser serios con isto”, dixo Feijóo ao criticar as rectificacións dos ministros e o atraso na apertura das fronteiras.

“Eu como presidente da Eurorexión creo que deberiamos ampliar os pasos fronteirizos autorizados e incluir as eurocidades de Tomiño e Vilanova da Cerveira, Monçao e Salvaterra e Ponte Barxa- San Gregorio. Iso como mínimo”, aclarou. Actualmente, só hai tres: Tui-Valença, Calvos de Randín-Toruem e Chaves-Verín

DEMANDA DE ALCALDES

Feijóo súmase así á demanda que xa levan facendo desde hai días os alcaldes do Alto Minho portugués e do Baixo Miño galego que piden a inmediata reapertura dos pasos fronteirizos de Tomiño e Salvaterra.

Tamén o Eixo Atlántico aposta por abrir xa estes pasos así como permitir a mobilidade entre o norte de Portugal e o Sur de Pontevedra. Nunha fase posterior aostan xa por abrir esa mobilidade a toda a Eurorrexión.

1 COMENTARIO

  1. De que serve unha apertura unilateral dun lado da fronteira se Portugal non quere abrir? Feijoo carga contra sanchez pero non pide o mesmo ao seu homólogo porgués?

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here