InicioEconomíaMané Calvo García-Benavides, do grupo Calvo, novo presidente de Anfaco-Cecopesca

Mané Calvo García-Benavides, do grupo Calvo, novo presidente de Anfaco-Cecopesca

A facturación das empresas do clúster creceu un 5 %, ata os 10.900 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asemblea Xeral da patronal da conserva, Anfaco, elixiu este venres a Mané Calvo García-Benavides, conselleiro delegado do Grupo Calvo, novo presidente da organización, segundo trasladou a propia Anfaco.

Calvo García-Benavides (Madrid, 1968), que substituirá a Juan Manuel Cerqueira como presidente, é membro da Xunta Directiva de Anfaco desde 2007.

Na Asemblea Xeral celebrada este venres tamén se fixo balance das principais magnitudes do sector no pasado ano, no que a facturación das empresas do clúster creceu un 5 %, ata os 10.900 millóns de euros. Así mesmo, tamén a exportación de conservas tivo un bo comportamento, cun incremento do 0,6 % en volume e do 0,4 % en valor.

No entanto, as perspectivas para 2020 están marcadas pola crise sanitaria mundial debido á pandemia de coronavirus e, ante unha previsible “contracción do consumo”, Anfaco pediu máis campañas de promoción para activar a demanda.

Nesa liña, a patronal conserveira incidiu na importancia da reactivación da canle HORECA (hoteis, restaurantes e cafetarías), e na necesidade de ter en conta a afectación da crise nas tendas especializadas e retail.

Anfaco estimou que o impacto da crise no tecido industrial traducirase nun descenso da cifra de negocio de ente o 5 e o 10 por cento, o mesmo descenso que espera no consumo durante o “período postcrise”.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...