InicioEconomíaAdegas Marqués de Vizhoja descarta aplicar un ERTE en 2020 e manterá...

Adegas Marqués de Vizhoja descarta aplicar un ERTE en 2020 e manterá o seu persoal co 100% de salario

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adegas Marqués de Vizhoja comunicou aos seus 28 traballadores que descarta aplicar un expediente regulador temporal de emprego (ERTE) neste 2020 e que manterá “a todo o persoal co 100 por 100 do seu salario e condicións laborais”, a pesar da crise do coronavirus.

“A situación é complicada, pero como empresa sempre fomos coidadosos no capítulo de gastos, administrando ben o diñeiro e aforrando, unha forma de xestión que nos inculcou o noso pai e fundador da adega, Mariano Peláez”, explica o presidente de Adegas Marqués de Vizhoja, Jorge Peláez.

Ademais, o responsable da empresa asegura nun comunicado que a compañía se “reinventará” para que a “familia de traballadores non se vexa afectada por esta situación” e poder “saír máis reforzados que nunca”.

A modo de exemplo desta adaptación, Peláez explica que o equipo comercial da canle Horeca (Hoteis, Restaurantes e Cafetarías), do que forma parte, pasou “de percorrer miles de quilómetros por toda España ao coidado do viñedo, desenvolvendo labores como poda en verde ou colocación de dispensadores de feromonas, pero mantendo antigüidade e soldos de delegados comerciais”.

Á súa vez, o equipo de oficina está tamén interconectado de forma constante “e traballando en novos proxectos e iniciativas” para “non perder ese sentimento de pertenza e manter a actividade”.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...