InicioMedio Ambiente e PatrimonioAlimentos que apodrecen: os hortos ecolóxicos de Vigo tamén sofren a corentena

Alimentos que apodrecen: os hortos ecolóxicos de Vigo tamén sofren a corentena

Quéixanse de non poder coidar a terra por como está a lexislación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cooperativas de consumo de productos ecolóxicos aumentaron a súa oferta nos útlimos anos. Un exemplo é a Aldea Integral, Sociedade Cooperativa Galega, situada en Cabral, en Vigo. A situación orixinada pola crise do coronavirus, non lles está a deixar coidar a súa terra.

Os cultivos levan un mes parados. Estamos nunha epoca de moita humidade e calor. O traballo para o verán está quedando en nada”, lamenta Andrés Santos, socio preferente da empresa.

Para poder acceder aos cultivos, a Xunta esixe estar a menos de 500 metros da horta ou ter o carné carnet de aplicador ou manipulador de productos fitosanitarios. Neste caso, “sendo unha horta ecolóxica, nós non traballamos nin queremos traballar con eses productos”, explica Santos, e engade “moitas persoas viven moi lonxe da zona, tendo que desplazarse en coche”.

“Parécenos absurdo que se poida ir a buscar alimentos a un supermercado masificado, aumentando así o risco de contaxio por COVID-19, e que se poñan tantas trabas a particulares con horta para o sustento familiar”, manifesta.

Desde esta empresa, demandan, “unha protección específica para coidar os alimentos. Moitas veces a propia policía nin entende o que está pasando”, explica. Ademais, por esta situación e ante o risco de quedar sen producto, asegura que van ter que “subir os prezos na tenda”, situada cerca da Gran Vía de Vigo.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...