InicioEconomíaA AP-9 rexistra un descenso de case o 90% de tráfico durante...

A AP-9 rexistra un descenso de case o 90% de tráfico durante a Semana Santa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tráfico na autoestrada AP-9 volveu a rexistrar mínimos históricos, con motivo das restricións impostas polo estado de alarma, e reduciuse nun 89,26 por cento durante a Semana Santa (do 5 ao 12 de abril), con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Segundo informou a través dun comunicado a concesionaria da autoestrada, Audasa, a Intensidade Media Diaria (IMD) nesa semana foi de 2.359 vehículos (19.602 vehículos menos que na Semana Santa de 2019).

En comparación coa media de todo o ano pasado, a redución foi dun 89,4 por cento (21.821 vehículos menos) durante a Semana Santa. Desde que se decretou o estado de alarma, a IMD foi de pouco máis de 4.000 vehículos, un 83,58 por cento menos que a de todo o 2019.

Por outra banda, Audasa informou de que os seus equipos móbiles desinfectaron a totalidade da autoestrada, incluídas o seu seis áreas de servizo, o tres áreas de descanso e todas as zonas de peaxe. “Estas tarefas manteranse diariamente para garantir o reforzo da seguridade da vía, dos traballadores e dos usuarios”, trasladou a empresa.

Finalmente, Audasa lembrou que non levou a cabo medidas de regulación temporal de emprego nin solicitou “ningún tipo de compensación gobernamental” polo descenso do tráfico na autoestrada.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...