InicioEconomíaTemor entre os operarios de Pescanova tras confirmarse un caso este venres...

Temor entre os operarios de Pescanova tras confirmarse un caso este venres e ser obrigados a traballar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da empresa de Nueva Pescanova en Chapela (Redondela) foron obrigados a entrar a traballar a pesar de confirmarse un positivo.

Segundo fontes de familiares consultadas por XdV, a empresa obrigou aos traballadores a continuar coas súas labores este Venres Santo, a pesar do positivo. “Déronlles unhas máscaras e unha especie de burka e dixeron que tiñan que cubrir a quenda de traballo”, apuntan.

A factoría comprometerase hai uns días a facer tarefas de desinfección pero, polo momento, non as ten realizados. “Teño moito medo porque a miña filla ten que traballar igual sen que se garden as distancias mínimas esixidas polo Goberno”, asegura esta familiar.

Ante a tensión creada e a negativa dalgúns operarios a traballar, familiares decidiron chamar á Policía Nacional para que interveña e decida as medidas que hai que adoptar.

Posteriormente, Pescanova anunciou na tarde deste venres que illou a todos os traballadores que estiveran en contacto co empregado que deu positivo por coronavirus e mandou unha mensaxe de calma. Asegurou que, aínda que comunicouno este xoves, xa non viña ao traballo desde o pasado 4 de abril.

ÚLTIMAS

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...