InicioEconomíaUniversidade e empresas viguesas fan o que non fai a Xunta: entregan...

Universidade e empresas viguesas fan o que non fai a Xunta: entregan case 10.000 pantallas protectoras

A maioría entregáronse a hospitais e centros asistenciais

PUBLICADO O

- Advertisement -

As empresas participantes na plataforma galega do proxecto Escudocovid-19 entregaron, ata este martes, 9.700 pantallas protectoras en hospitais, centros de maiores e asistenciais da área de Vigo, así como na delegación territorial da Xunta para a súa distribución en “función das necesidades”.

Así, o pasado sábado entregáronse 1.430 unidades dunha pre-serie (600 para o Hospital Álvaro Cunqueiro, 300 para a residencia de maiores DomusVi Barreiro, 300 para a residencia de maiores do Meixoeiro e 230 no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela-Redondela).

O luns entregáronse 3.470 pantallas ( 2.100 para o Hospital Álvaro Cunqueiro, 300 para o Hospital Povisa, 150 para o Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima, 150 para o Hospital Meixoeiro, e o resto á Delegación da Xunta para a súa distribución segundo necesidades)

Este martes fixéronse novas entregas: 2.100 para o Hospital Álvaro Cunqueiro e 2.700 para que as reparta a Delegación territorial do goberno galego.

PLATAFORMA GALEGA DE ESCUDOCOVID-19

O proxecto Escudocovid-19 está coordinado, en Galicia, pola Universidade de Vigo e a Asociación de Industriais Metalúrxico (Asime), e o seu obxectivo é mobilizar as capacidades económicas e produtivas das empresas para fabricar, de maneira áxil e alcanzable, en grandes cantidades, unha ampla variedade de equipos como máscaras, pantallas protectoras, vestiario plástico, desinfectantes, respiradores e lavadoras de utensilios.

Todo ese material vai destinado a persoal sanitario e de residencias, coidadores e servizos similares, ademais de axentes das forzas de seguridade, traballadores do sector do transporte, do agroalimentario, almacéns e outros operarios que deban manter a súa actividade

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...