InicioEconomíaUGT pide ao metal que axilice trámites para incluír os empregados das...

UGT pide ao metal que axilice trámites para incluír os empregados das auxiliares nos ERTE

A central sindical apuntou que os custos laborais da aplicación desta medida para as empresas "serían cero" en "moitos casos", e, noutros, "mínimos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unión Xeral de Traballadores (UGT) remitiu unha carta á Asociación de Industriais Metalúrxicos (Asime) para instala a “axilizar trámites” que permitan incluír aos empregados da industria auxiliar nos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) aplicados no sector debido á crise sanitaria derivada da propagación do coronavirus.

Segundo trasladou nun comunicado o sindicato, se se inclúe a estes traballadores nos ERTE, poderán acceder a prestacións por desemprego, mentres que, en caso contrario, “quedarán totalmente descubertos”.

Ademais, a central sindical apuntou que os custos laborais da aplicación desta medida para as empresas “serían cero” en “moitos casos”, e, noutros, “mínimos”. Neste sentido, UGT incidiu na necesidade de “non deixar a ninguén no camiño” ante esta situación á vez que advertiu de que estes empregados “serán necesarios para recuperar a actividade produtiva” tras a finalización da crise sanitaria.

Ante esta situación, chamou á patronal do sector do metal a realizar as “xestións necesarias de asesoramento” a empresas para que os ERTE que se apliquen permitan que todos os traballadores poidan percibir prestacións por desemprego “con independencia do seu contrato”.

Precisamente, este martes, fontes desta central explicaron a Europa Press que a crise sanitaria causara a paralización da práctica totalidade do sector da automoción tras a suspensión da actividade na planta viguesa de PSA Peugeot Citroën. A parada do estaleiro Construcións Navais P.Freire tamén xerou despedimentos nas auxiliares, aínda que, polo momento, a maior parte dos pequenos talleres continúan en funcionamento.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...