InicioEconomíaO PP pide ao goberno de Vigo aprazar o cobro do imposto...

O PP pide ao goberno de Vigo aprazar o cobro do imposto de vehículos, que empeza o 1 de abril

"Os cidadáns non poden utilizar os seus vehículos e, por tanto, de momento non deberían pagar esa taxa", argúen desde o PP.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo solicitou este luns ao goberno local que aprace o cobro do imposto de vehículos de tracción mecánica, cuxo prazo de pago voluntario iníciase o 1 de abril, xa que, durante o período de confinamento, “os cidadáns non poden utilizar os seus vehículos e, por tanto, de momento non deberían pagar esa taxa”.

Segundo o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, “non ten sentido facer pagar aos vigueses por algo que non poden usar”, polo que apelou “ao sentido da xustiza do alcalde” para que “sexa consecuente coa situación” de emerxencia que se está vivindo.

A ese respecto, o concelleiro do PP lembrou que a maioría dos veciños non poden acudir aos seus postos de traballo, moitos estarán afectados por expedientes de regulación de emprego e “non pasan pola súa mellor situación económica”. “Debemos axudarlles”, reflexionou.

Esta demanda súmase á realizada a pasada semana polo grupo municipal do PP, que reclamou que se aprace ou suspenda o cobro de impostos como o IBI, o IAE ou a taxa de recollida de lixo aos negocios de comerciantes e hostaleiros.

ÚLTIMAS

A Xunta insiste en que Vigo non informou de anomalías a pesar de ser responsable de operar as válvulas de Eiras

A Xunta de Galicia insistiu este xoves en que nin o Concello de Vigo...

Aberta unha investigación sobre supostas irregularidades na xestión do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas

A Fiscalía da área de Vigo abriu unha investigación sobre supostas irregularidades na xestión...

Daron Acemoglu defende unha intelixencia artificial “protraballador” no Vigo Global Summit

O Premio Nobel de Economía 2024, Daron Acemoglu, reivindicou a importancia dunha intelixencia artificial...

O BNG esixe retirar o plan de Zonas de Baixas Emisións de Vigo por “inxusto e recadatorio”

O BNG de Vigo reclamou este xoves a retirada do proxecto de Zonas de...