InicioEconomíaOs vixiantes dos museos de Vigo saen a rúa para pedir que...

Os vixiantes dos museos de Vigo saen a rúa para pedir que lles paguen

A concesionaria non lles ingresou a extra de Nadal nin parte da nómina de xaneiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vixiantes de seguridade dos museos municipais de Vigo concentráronse este venres diante do Concello por espazo de hora e media para reclamar o pago das débedas pendentes, xa que a empresa concesionaria do servizo non lles ingresou a paga extra de Nadal nin parte da nómina de xaneiro.

O responsable de Organización da CIG-Servizos, Pedro Pérez, explica que mantiveron un encontro co concelleiro de Cultura, Abel Losada, que lles comunicou que a empresa Seguridade Integral e Mantementos A-1 (do Grupo EME), que se encarga do servizo mediante unha UTE con Sistemas de Seguridade A-1, solicitoulles ceder o seu servizo á compañía DN24 2000, polo que se conformaría unha nova UTE, integrada por Sistemas de Seguridade A-1 e DN24 2000.

“Dende a CIG deixamoslle moi claro ao responsábel municipal que antes da cesión do servizo a UTE actual ten que facerse cargo das débedas contraídas cos traballadores/as, xa que no caso contrario continuaremos coas mobilizacións, sen descartar unha convocatoria de folga”, apuntan desde a central sindical.

ÚLTIMAS

Rueda celebra o inicio de obras da ETEA e urxe a Concello e Zona Franca a cumprir a súa parte

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes as obras da urbanización do chamado PS-6,...

Caballero di ter garantías do Goberno de que non se eliminará ningún xulgado de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que conta coa garantía...

A comisión suspende as festas de Coia tras negar o Concello de Vigo a autorización

A comisión organizadora das festas de Coia, en Vigo, deu por suspendida a celebración...

Renovación entre Abanca e Armadores de Vigo para impulsar o V Festival Vigo SeaFest

O director territorial de Abanca en Vigo, Walter Álvarez, e o presidente da Cooperativa...