InicioEconomíaA UE considera prioritaria a liña de alta tensión que pasa pola...

A UE considera prioritaria a liña de alta tensión que pasa pola Cañiza

Trátase dunha autoestrada para luz que unirá a zona portuguesa de Ponte de Lima-Vila Nova de Famalicão-Recarei con Beariz (Ourense) e Fontefría, na Cañiza (Pontevedra).

PUBLICADO O

- Advertisement -

pleno do Parlamento Europeo deu este mércores o seu visto e prace á cuarta lista de proxectos enerxéticos prioritarios que poden recibir fondos comunitarios para a súa construción, entre os que se atopa a interconexión eléctrica entre Galicia e Portugal.

Esta autoestrada para luz unirá a zona portuguesa de Ponte de Lima-Vila Nova de Famalicão-Recarei con Beariz (Ourense) e Fontefría, na Cañiza (Pontevedra). Así, permitirá alcanzar o 10% de interconexión con Portugal, co que se aumenta a capacidade actual desta integración a 3,2 gigavatios. A data de recepción do proxecto está prevista para 2021.

A Comisión Europea explica que a “insuficiente capacidade de interconexión segue sendo un obstáculo” para a creación dun mercado da electricidade no suroeste de Europa e impediu ás eléctricas ibéricas participar plenamente no mercado da electricidade da UE.

Cunha capacidade de interconexión de soamente 6.000 megawatts, España, e con ela Portugal, “seguen sendo en gran medida unha illa enerxética” que non participa plenamente no mercado europeo da electricidade. Esta capacidade de interconexión tamén sitúa a estes países por detrás do obxectivo de interconexión do 15% que figura no regulamento sobre a gobernación da Unión da Enerxía.

As propostas do próximo orzamento da UE para 2021-2027 inclúen un novo compoñente de enerxía do mecanismo ‘Conectar Europa’, cun orzamento próximo aos 1.000 millóns de euros (865 millóns de euros), a fin de fomentar a cooperación dos Estados membros en proxectos transfronteirizos de enerxías renovables.

ÚLTIMAS

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...