InicioEconomíaCondenado a catro anos de prisión por estafa o responsable de recursos...

Condenado a catro anos de prisión por estafa o responsable de recursos humanos dun grupo empresarial do Porriño

O home aceptou ser condenado a catro anos de cárcere e ao pago dunha multa de seis euros diarios durante dez meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia provincial de Pontevedra resolveu mediante un acordo de conformidade un xuízo por un delito continuado de estafa agravada en concurso con outro delito continuado de falsidade en documento mercantil.

O acusado, F.C.R., director de recursos humanos dun grupo empresarial do Porriño, conformouse co relato de feitos da acusación particular e aceptou ser condenado a catro anos de cárcere e ao pago dunha multa de seis euros diarios durante dez meses.

A contía da responsabilidade civil ascende a 150.382 euros. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

En virtude deste acordo considéranse feitos probados que o procesado presentou facturas elaboradas por el ou por un terceiro ao departamento financeiro para incorporar o diñeiro ao seu patrimonio.

Segundo o relato que fai a Fiscalía no seu escrito de acusación, o home presentou varias facturas entre 2013 e 2015 “que aparentaban reflectir operacións que na realidade non existiran, que foran confeccionadas por el ou por un terceiro, sendo plenamente consciente o acusado da súa total falta de veracidade”.

“Deste xeito lograba que o grupo de empresas, crendo estar a abonar servizos realmente prestados, pagaba cantidades monetarias que a continuación o acusado facía súas; ou ben eran destinadas ao pago dos seus gastos persoais”, relata a Fiscalía.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...