InicioEconomíaOs viños Rías Baixas, os segundos brancos máis vendidos no Estado

Os viños Rías Baixas, os segundos brancos máis vendidos no Estado

Só por detrás de Rueda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os viños de Rías Baixas son os segundos máis vendidos entre as denominacións de orixe que comercializan viño branco, só por detrás dos de Rueda, segundo reflicte o informe anual do mercado elaborado pola consultora Nielsen.

O informe, que foi presentado este martes en Pontevedra ante representantes de máis dunha vintena de adegas da denominación pontevedresa, conclúe que o 10,6 % dos viños brancos que se venden no noso país proceden da DO Rías Baixas.

No último ano, Rías Baixas incrementou nun 3,1 % a súa cota de mercado en volume e nun 4,5 % en valor, cifras que lle permiten ocupar a oitava posición dentro da clasificación de denominacións de orixe españolas.

A presenza dos viños pontevedreses aumentou significativamente, segundo o informe Nielsen, en hipermercados, supermercados grandes, hoteis e restaurantes. Segundo Nielsen, a tendencia á alza na hostalaría ten unha “enorme importancia”, xa que é neste sector no que se consomen os viños de maior valor.

O estudo demostra ademais que máis do 50% do viño de Rías Baixas se consome en Galicia, Asturias e León, onde logra unha cota de mercado do 10,5 por cento. Rías Baixas tamén aumenta o seu consumo nas áreas metropolitanas de Madrid e Barcelona, un 2,5 % e un 2,6 % máis respectivamente; e na Comunidade Valenciana, Murcia e Albacete, onde o crecemento roza o 3 %.

Pola contra, Nielsen recomenda á denominación de orixe reforzar a súa presenza na zona sur do país, onde as vendas non lograron o resultado esperado. EFE

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...