InicioEconomíaVigo, menos sustentable que A Coruña

Vigo, menos sustentable que A Coruña

Investigadores presentan o “primeiro estudo de sustentabilidade realizado en Galicia a nivel municipio”. Só o 40% serían considerados sustentables. Entre as principais cidades, destacan A Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra, mentres que Ferrol se sitúa entre os concellos con peores resultados. Muxía e Vilariño de Conso acadan as mellores avaliacións dun total de 64 municipios analizados, que conforman unha mostra representativa do país.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cales son os concellos máis sustentables de Galicia? En xeral, os máis grandes e, por áreas xeográficas, os do norte, coa excepción de Ferrol. Así o indica un estudo feito por investigadores do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Para medir a sustentabilidade dos municipios galegos, os autores do estudo deseñaron unha metodoloxía baseándose en 38 indicadores que inclúen os tres alicerces da sustentabilidade: social, económico e ambiental. Para levar a cabo esta avaliación, seleccionáronse 64 municipios dos 313 que hai en Galicia e clasificáronse en tres grupos segundo o seu tamaño de poboación: máis de 50.000 habitantes, entre 5.000 e 50.000, e menos de 5.000.

“De acordo coa definición de sustentabilidade establecida, ao redor dun 40% dos municipios galegos analizados, os cales se poden considerar representativos de toda a comunidade, serían considerados sustentables”, explica para Galicia Confidencial Sara González García, doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Santiago.

“Os resultados mostran que os municipios máis sustentables están no norte de Galicia”, saliéntase no estudo, no que se destaca que, independentemente do método de ponderación, o 57% dos municipios con máis de 50.000 habitantes (as sete principais cidades de Galicia) clasifícanse como sustentables, fronte o 45% do resto de concellos.

CONCELLOS SUSTENTABLES E NON SUSTENTABLES

As localidades clasificáronse mediante unha etiqueta de sustentabilidade na que se combinan tres letras (A, B ou C), sendo AAA o mellor resultado posible e CCC, o peor. Nesa combinación de tres letras, a primeira corresponde á dimensión social, a segunda á económica e a terceira á ambiental, de xeito que un municipio coa etiqueta de sustentabilidade AAA debe considerarse sustentable en todas as súas dimensións; pola contra, unha etiqueta CCC sitúao lonxe de patróns sustentables.

Da lista de 64 municipios analizados, 30 foron identificados como sustentables: 12 con menos de 5.000 habitantes, 14 entre 5.000 e 50.000 e catro das grandes cidades galegas.

De toda a mostra, só dous municipios conseguiron a mellor combinación de letras (AAA): Muxía e Vilariño de Conso. E, “sorprendentemente”, ningunha das sete grandes cidades de Galicia acadou a cualificación tripla A. Entre estas, A Coruña e Santiago foron clasificadas como AAB e Pontevedra e Lugo como BBA. Peores cualificacións obtiveron Ourense (BBB), Vigo (BBC) e, sobre todo, Ferrol (CCB), que se sitúa entre os concellos galegos con peores resultados.

REPORTAXE COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...