InicioEconomíaLuz verde aos orzamentos de Vigo, con toda a oposición en contra

Luz verde aos orzamentos de Vigo, con toda a oposición en contra

A oposición critica que non se aceptou ningunha emenda e advirte da falta de execución de investimentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde de forma inicial este venres aos orzamentos municipais de 2020, cos únicos votos favorables dos concelleiros do goberno socialista, e co voto contrario de PP, Marea e BNG (cuxas emendas foron rexeitadas na súa totalidade).

As contas de Vigo para o ano que vén ascenden a case 268 millóns de euros, e contemplan 43 millóns destinados a investimento. Co trámite do pleno, estes orzamentos convértense nos décimoterceiros aprobados de forma consecutiva na cidade, tal e como subliñou o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor subliñou que Vigo terá en 2020 “o maior orzamento da súa historia”, cunhas arcas municipais saneadas, “débeda cero”, “coa presión fiscal máis baixa de Galicia” e cun Concello que é “o mellor pagador” a provedores (abona facturas en 12 días).

“É un orzamento moi social e con moitas exencións fiscais, que suman 17 millóns de euros”, defendeu o alcalde, quen incidiu en que Vigo “é unha cidade que vai a máis velocidade que ningunha en España”.

OPOSICIÓN

Pola súa banda, o portavoz do PP, Alfonso Marnotes, criticou que o Concello olívico aumenta a presión fiscal sobre os cidadáns, aos que “se lles pide máis” nun momento de incerteza económica. Ademais, reprochou ao goberno de Caballero a “gran inexecución” dos investimentos, como se evidencia polas liquidacións de exercicios anteriores.

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, lamentou o “rodete” que o goberno vigués empregou coa oposición, rexeitando todas as súas propostas, e volveu criticar a falta de diálogo e participación cidadá na elaboración das contas.

Mentres, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, expresou o seu “non rotundo ao desgoberno” de Vigo e tamén criticou que non se atendeu ningunha emenda. Para o edil nacionalista, “este é un orzamento de cemento e gasto inaugural”.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...