InicioEconomíaCaballero esixe que a Xunta actúe ante a crise de Barreras: "Quen...

Caballero esixe que a Xunta actúe ante a crise de Barreras: “Quen trouxo os executivos de PEMEX foi Feijóo”

Segundo Abel Caballero, o presidente da Xunta "está obrigado a porse á fronte da situación e resolvela", e pediulle que o faga "rapidito", á vez que lle ofreceu a "cooperación leal" do Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este martes a ausencia da Xunta na crise do estaleiro Fillos de J. Barreras, e lembrou que foi Feijóo “quen trouxo aos executivos de PEMEX”, aínda que agora “só fala de industrias do norte de Galicia”.

En declaracións aos medios, o rexedor olívico expresou a súa preocupación pola situación do estaleiro, que está en preconcurso de acredores, e polas consecuencias que esa crise está a ter na industria auxiliar. “E a nosa pregunta é onde está a Xunta?”, cuestionou.

O primeiro edil de Vigo constatou que o presidente do goberno galego fala “de industria do norte de Galicia” e, con todo, “non lle escoitan” referirse ao “maior problema industrial que hai agora en Galicia”, con mil empregos e a marca do sector naval de Vigo en xogo.

Segundo Abel Caballero, o presidente da Xunta “está obrigado a porse á fronte da situación e resolvela”, e pediulle que o faga “rapidito”, á vez que lle ofreceu a “cooperación leal” do Concello.

“Quen trouxo aos executivos de PEMEX para que se fixesen cargo de Barreras foi Feijóo, quen se sacaba as fotos era Feijóo, e a competencia é da Xunta“, recalcou o alcalde.

Así, censurou que “estivo para as fotos, pero agora non está“, e non só non fala do estaleiro, senón que tampouco explicou aos traballadores como o goberno galego vai resolver a situación.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...