InicioEconomíaAprobadas as contas de 2018 na "vella" Pescanova

Aprobadas as contas de 2018 na “vella” Pescanova

O resultado de explotación rexistrou uns 'números vermellos' de 55.000 euros no primeiros seis meses do ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ‘vella’ Pescanova aprobou as súas contas anuais de 2018 –polo 85,7% do capital social presente– na xunta xeral de accionistas celebrada en setembro, segundo informa este martes nun feito relevante na Comisión Nacional de Mercado de Valores (CNMV).

Tamén se deu luz verde ao informe anual sobre remuneracións dos conselleiros, aprobado polo 85,5% do capital social presente ou representado na xunta.

Pola súa banda, o pasado mes de agosto informou de que pechou o primeiro semestre deste ano cunhas perdas de 99.000 euros, un 44% menos, respecto dos ‘números vermellos’ de 179.000 euros.

En concreto, o resultado de explotación rexistrou uns ‘números vermellos’ de 55.000 euros no primeiros seis meses do ano. Desta forma, a 31 de maio o importe do capital social ascendía a 172,4 millóns de euros, representado por 28,7 millóns de accións ao portador, todas elas da mesma clase, e cun valor nominal cada unha de seis euros.

A ‘vella’ Pescanova, que conta co 1,6% de Nova Pescanova, ampliou a súa provisión ese semestre de 15 millóns de euros a 29,9 millóns por risco penais e imputacións, debido aos procesos concursais nos que se atopa inmersa na actualidade.

ÚLTIMAS

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...