InicioEconomíaXornada de mobilizacións en Vigo contra a "purga laboral" no Banco Santander

Xornada de mobilizacións en Vigo contra a “purga laboral” no Banco Santander

Delegados da CIG chegaron de distintos puntos de Galicia para participar na protesta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Delegados da CIG no Banco Santander chegados de distintos puntos de Galicia protagonizaron este venres unha xornada de mobilizacións en Vigo para denunciar que a dirección da entidade bancaria está a utilizar o ERE, ao seu xuízo, para facer unha “purga laboral” de traballadores acollidos a medidas de conciliación, como a redución de xornada por coidado de menores.

Trátase do segundo día de protestas, despois do que tivo lugar o pasado día 4 de outubro na Coruña, co que a organización sindical pretende rexeitar o ERE en marcha. As mobilizacións, que comezaron ás 10,30 horas da mañá, percorreron varias oficinas da entidade situadas por toda a cidade olívica.

Así, a CIG lamentou que o Santander, “de maneira sistemática”, rexeite “moitas das solicitudes de adscrición voluntarias ao ERE presentadas polo persoal de máis de 55 anos”.

“O 90% destas persoas ás que o banco está a presionar para que se acollan ao ERE teñen redución de xornada ou outras medidas de conciliación, polo que queda claro que nesta empresa non se pode conciliar. Se pretendes acollerte a medidas deste tipo non te queren no banco, por iso están a expulsar a esta xente”, lamentou a secretaria da sección sindical da CIG no Santander, Rosa María Conde.

Neste sentido, a representante sindical denunciou que “están a presionar a mulleres menores de 40 anos, que teñen unha antigüidade media na empresa de 10 anos para que se vaian”.

“Persoas que sacrificaron a súa vida persoal e familiar en beneficio do banco agora a dirección decide prescindir delas por motivos económicos, xa que saen máis baratas á hora de aplicar o ERE”, criticou.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...