InicioEconomíaA Xunta di que o preconcurso de Barreras abre un período para...

A Xunta di que o preconcurso de Barreras abre un período para “articular unha saída”

Francisco Conde valorou que "este paso" que toma Barreiras servirá para "tentar identificar como se pode garantir a viabilidade do estaleiro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que a solicitude de preconcurso de acredores de Barreiras abre un período para “ver como entre todos se pode articular unha saída e garantir esa continuidade do estaleiro”.

En declaracións a Europa Press este xoves en Santiago, Conde valorou que “este paso” que toma Barreiras servirá para “tentar identificar como se pode garantir a viabilidade do estaleiro“.

Tras participar na presentación dunha exposición sobre química, sinalou que se debe traballar para identificar “como garantir a carga de traballo”, así como “o futuro” dos empregos e da actividade do estaleiro.

“A partir de aí haberá que ver a posición dos accionistas, a posición das entidades financeiras e dos armadores”, explica, para buscar unha solución.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...