InicioEconomíaQuen é Patricia García, a viguesa que dirixirá ó empresariado galego?

Quen é Patricia García, a viguesa que dirixirá ó empresariado galego?

O seu equipo ten un eminente toque feminino. O obxectivo é rematar coa idea de que a empresa é "cousa de homes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Patricia García González (Vigo, 1975) é a nova presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia. Un camiño ao que chegou logo dunha longa experiencia profesional. Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, realizou un AMP (Advanced Management Program) polo Instituto de Empresa e un Máster en Formación E-learning pola UNED.

Desde moi nova estivo vinculada ao mundo empresarial, sobre todo, no sector da Formación. Estivo en Femxa Formación, N-Rede, Apunto21, Ideas Propias Editorial, Ideas Propia Publicidad ou Advantia, entre outras. Chega á presidencia do círculo empresarial como presidenta institucional de Grupo Femxa e da man de Juan Güell.

Güell, anterior presidente do círculo, foi o encargado de deixar pechado un equipo de persoas que continuarán a labor iniciada ata o de agora. Un equipo no que prima a colaboración e non o enfrontamento como acontede na Conferencia de Empresasrios de Galicia.

Patricia García, presidenta da Círculo de Empresarios de Galicia, xunto con Juan Güell, ex presidente / EP

EQUIPO FEMININO

Con Patricia García estarán Manuel Rodríguez (Grupo Rodman) e Josefina Fernández Miguélez (DomusVI), como vicepresidentes; Alberto Rocha (Proasa), como tesoreiro e secretario; y Andrés Fernández Álvarez-Santullano (CZ Veterinaria), Emilio Pérez Nieto (Grupo Pérez Rumbao), Josechu Silveira (Povisa), Maite Torres (Agua de Mayo), Francisco Puga (Industrias Delta), Guillermo Fernández (Adhex), María Borrás (Artai), Sara Mondelo (Cuatrecasas), Francisco Izquierdo (Grupo IZ) y Enrique Chillón (Profand), como vocais.

De feito, neste equipo do Círculo de Empresarios de Galicia as mulleres teñen un papel fundamental que nunca tiveran ata agora. E o certo é que o obxectivo da entidade é fomentar tamén a igualdade e as iniciativas empresariais entre as mulleres para rematar con esa idea de que a empresa é cousa de homes.

PROCLAMACIÓN

García foi proclamada este luns presidenta ao termo da Asemblea Xeral de socios da organización, e nun acto no que se escenificou a substitución na dirección do Círculo, até agora en mans de Juan Güell. Deste xeito, a presidenta do grupo Femxa convértese así na primeira muller á fronte desta entidade empresarial e, durante o seu discurso ante a Asemblea, prometeu “traballo duro” para que o Círculo de Empresarios de Galicia siga sendo “un foro de debate” e “xerador de propostas de calado”.

Pola súa banda, o presidente saínte do Círculo de Empresarios, Juan Güell, subliñou a necesidade de dar paso a “novas xeracións” de empresarios na dirección da organización e lembrou que, após un período de crise, o Círculo afronta unha nova etapa na que “as cousas quedan razoablemente ben”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...