InicioEconomíaVídeo: Sabes que o supermercado máis económico de España está en Vigo?

Vídeo: Sabes que o supermercado máis económico de España está en Vigo?

Está en Vigo e é de Alcampo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O hipermercado Alcampo de Coia, en Vigo, é o establecemento máis económico de España para facer a compra, segundo este informeda Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

Segundo este estudo Galicia e Murcia son as comunidades máis baratas para facer a compra, mentres que Baleares e Cataluña son as máis caras. Ademais, Vigo está entre as cidades máis barata á hora de comprar xunto con Almería, Ciudad Real, Jerez, Palencia, Zamora e Puertollano.  Pola contra, Palma de Mallorca e Barcelona son as máis caras xunto a Lleida e Madrid.

Unha familia española pode aforrar unha media de 1.063 euros ao ano na cesta da compra dependendo do establecemento no que compre, o que supón case a quinta parte do gasto anual en alimentación dun fogar medio.

Dani, Tifer e Alcampo sitúanse como as cadeas máis alcanzables. Tres establecementos de Sánchez Romero en Madrid (Castelló, Maurrás e Alcobendas) son os máis caros de España, seguidos polas cadeas Suma, Ulabox e Sorli Discau.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...