A xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia acordou por unanimidade distinguir a Juan Güell Cancela, quen foi presidente desta organización empresarial, coa súa Medalla de Ouro, que se lle entregará nun acto o próximo mes de novembro.
Güell Cancela, socio director do consultoras Mercado Continuo 2100 e Dosvalor JH, comezou a súa carreira en Arthur Andersen nos anos 60. Entre 1968 e 1995 foi director financeiro da química Zeltia, e logo traballou como director xeneral do Grupo de Empresas Álvarez.
Ademais, é cofundador de Grupo SUM, Cibergestión e Coworking Vigo, entre outras iniciativas; foi presidente do Círculo de Empresarios de Galicia en dúas etapas (entre 2004 e 2007, e entre 2015 e 2018); e tamén desempeñou labor docente como profesor de finanzas na Escola de Negocios Caixanova, hoxe IESIDE.
Desde o Círculo (antes Club Financeiro de Vigo) impulsou a Rede de Investidores Privados-RedInvest, para o fomento e posta en marcha de proxectos innovadores. Por outra banda, é administrador e conselleiro en varias empresas, como Pescapuerta, Pérez Rumbao, Metalships, etc. e, en 2014, foi distinguido como Mellor Executivo de Galicia pola revista ‘Executivos’.