InicioEconomíaA Universidade de Vigo e a empresa Boeing asinan un acordo para...

A Universidade de Vigo e a empresa Boeing asinan un acordo para promocionar a industria aeroespacial

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, destacou a importancia desta colaboración que "vai permitir a existencia de máis talento en circulación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo e Boeing, no marco do polo aeroespacial de Galicia, asinaron este mércores un convenio de colaboración que aspira a revolucionar a industria aeroespacial en Galicia mediante a promoción da educación aeroespacial e as carreiras de enxeñarías.

En concreto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que este convenio permitirá “o beneficio mutuo entre as institucións públicas e a empresa privada“, ademais de “posibilitar o enriquecemento académico e o crecemento empresarial”.

O acordo, enmarcado no proxecto Civil UAVs Initiative ‘SkyWay’, contempla a creación dun laboratorio para o estudo das actividades aeroespaciais denominado ‘Boeing-Lab’; a creación do premio Boeing destinado aos mellores expedientes nas titulacións vinculadas a este campo, así como xornadas de difusión e realización de prácticas no centro europeo de investigación e tecnoloxía da empresa.

Neste contexto, ao termo da firma do acordo, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, destacou a importancia desta colaboración que “vai permitir a existencia de máis talento en circulación”.

Na mesma liña expresouse o director xeral de Boeing Research & Technology- Europe que destacou “o compromiso da compañía coa industria e centros de investigación galegos no desenvolvemento da tecnoloxía para o futuro da industria aeroespacial”.

De feito, segundo explicou Conde, a aposta de Boeing por Galicia tamén se ve reflectida a través dun proxecto levado a cabo no polo aeroespacial galego para identificar as debilidades e fortalezas do tráfico aéreo tripulado e non tripulado que conta cun orzamento de 11 millóns de euros e que xerará 58 postos de traballo.

Neste marco, Francisco Conde incidiu o “emprego de calidade e as solucións innovadoras ao sector” que achega o polo aeroespacial de Galicia, impulsado pola Xunta coa colaboración de socios estratéxicos como Indra, Babcock e Boeing e que conta cun investimento público-privada de 164 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...