InicioEconomíaO Goberno central ve neceario "axilizar" os trámites aduaneiros por un posible...

O Goberno central ve neceario “axilizar” os trámites aduaneiros por un posible Brexit sen acordo

A secretaria xeral de Pesca avanzou que é "difícil" avanzar as medidas que se tomarán unha vez que se produza o Brexit dada a imposibilidade de coñecer como "reaccionará" ese Estado ante o mesmo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, resaltou a necesidade de que a Unión Europea (UE) estea “preparada” para a posibilidade de que se produza unha saída sen acordo do Reino Unido, ante o que avogou por “axilizar os trámites en aduanas”.

Preguntada polos medios tras un acto en Vigo, insistiu en que o Goberno central estará “atento” ao modo no que o Reino Unido abandone a UE co obxectivo de “acompañar” ao sector pesqueiro nesta transición, así como para “atopar un novo encaixe na súa relación” con este país. No entanto, a secretaria xeral de Pesca asegurou que a situación “desexable” sería que esta separación levase a cabo “dun modo ordenado”, é dicir, con acordo.

Ademais, remarcou como unha das principais inquietudes do sector pesqueiro español o movemento de mercadorías en Reino Unido. Mentres, lembrou que o acceso a augas británicas afecta en maior medida a outros países que contan con máis buques que faenan nelas, como Bélxica, Francia e Dinamarca. Por iso, subliñou que a UE traballará para atopar “saídas alternativas” á pesca nesta zona.

Con todo, avanzou que é “difícil” avanzar as medidas que se tomarán unha vez que se produza o Brexit dada a imposibilidade de coñecer como “reaccionará” ese Estado ante o mesmo.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...