InicioEconomíaA Xunta recoñece a "enorme dificultade" de Vulcano e ofrece apoio en...

A Xunta recoñece a “enorme dificultade” de Vulcano e ofrece apoio en caso de haber algunha oportunidade

"A Xunta estará xunto calquera solución que dea viabilidade, pero tamén hai que ser moi realistas, e recoñecer a situación de enorme dificultade", apuntou o conselleiro de Economía, Francisco Conde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia recoñeceu este mércores a situación de “enorme dificultade” que atravesa o estaleiro vigués Vulcano, aínda que ofreceu o seu apoio se xorde “algunha xanela de oportunidade”.

Así o trasladou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a preguntas dos medios durante unha visita no Instituto Español de Oceanografía de Vigo. Conde lembrou que, actualmente, a situación do centenario estaleiro está xudicializada, tras a presentación do concurso, e é necesario “esperar” a que o administrador concursal “concrete o plan de liquidación”.

A partir de aí, sinalou, poderíanse identificar posibles investidores “interesados en dar continuidade” á actividade industrial de Vulcano, pero todo pasa “necesariamente” polas decisións do administrador concursal e, en última instancia, do xulgado mercantil.

En todo caso, o conselleiro lembrou que o goberno galego apoiou á empresa ao longo dos últimos anos, e de forma “especialmente intensa” na última etapa, para que puidese finalizar e entregar o ferry de Transmediterránea.

“A Xunta estará xunto calquera solución que dea viabilidade, pero tamén hai que ser moi realistas, e recoñecer a situación de enorme dificultade”, apuntou Francisco Conde, e pediu “esperar e identificar se realmente hai algunha  oportunidade e, se se atopa, a Xunta estará para dar solucións”.

VISITA AO OCEANOGRÁFICO

Francisco Conde fixo estas declaracións durante unha visita ao Instituto Español de Oceanografía (IEO) en Vigo, na que destacou a achega deste centro de investigación á innovación en materia pesqueira.

Así, o conselleiro puxo en valor que o IEO, que conta con apoio económico da Xunta, a través dos contratos-programa, traballa nestes momentos nuns 80 proxectos, dos que a gran maioría están financiados con fondos externos. O titular de Economía, Emprego e Industria da Xunta eloxiou o papel do IEO na protección ambiental e na competitividade das actividades de pesca e acuicultura.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...