InicioEconomíaA Xunta evita a autocrítica trala liquidación de Vulcano

A Xunta evita a autocrítica trala liquidación de Vulcano

O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que o Goberno galego mellorou a situación da industria naval de Vigo malia a desaparición do estaleiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o labor levado a cabo por esta Administración na mellora da situación da industria naval de Vigo a pesar da presentación da solicitude de liquidación do estaleiro Vulcano. Cero autocrítica ante o que supón un duro golpe para a industria viguesa.

Rueda asegura que o Executivo autonómico fixo “todo o posible” para que este sector conseguise gozar dunha “segunda vida”. Nesta liña, asegurou que a industria naval viguesa atravesou “enormes dificultades” ante as que a Xunta exerceu o seu labor dun “modo determinante”, afirmou.

A ese respecto, defendeu que foi a súa actuación a que permitiu que o sector goce de “boa saúde”, fóra de “casos concretos”, en relación á presentación da solicitude de liquidación por parte do estaleiro Vulcano, que tivo lugar este luns.

O estaleiro vigués Vulcano presenta a súa solicitude de liquidación

ÚLTIMAS

Vigo desembarca en Fitur co lema ‘Un Nadal de 365 días’ e a aposta por converterse nun gran plató de cinema

A cidade de Vigo presentará a súa oferta turística en Fitur este xoves, baixo...

As PAC de Vigo atenderon máis de 14.500 urxencias durante o Nadal

Os puntos de atención continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo atenderon un total...

Zona Franca e a UVigo reforzan a súa alianza para impulsar o talento emprendedor

A Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo (UVigo) reforzaron a súa...

Unha veciña de Vigo cancela unha débeda de 20.000 euros por vía xudicial

Unha veciña de Vigo logrou a cancelación xudicial dunha débeda de case 20.000 euros,...