InicioEconomíaDenuncian que a Xunta favorece a "fuga de cerebros" da Universidade de...

Denuncian que a Xunta favorece a “fuga de cerebros” da Universidade de Vigo

Critican que penaliza aos investigadores que pediron unha baixa por maternidade ou paternidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 34 investigadores de alto nivel da promoción 2016, entre eles varios da Universidade de Vigo, contratados a través do programa autonómico I2C de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral ficaron sen traballo e sen saber o que vai ser deles este pasado domingo 30 de xuño. Unha situación que se produce “pola falta de vontade e previsión” da Xunta de Galicia á hora de facilitar o seu tránsito entre a Modalidade A e a Modalidade B deste programa.

Nun escrito asinado por 12 deles son moi críticos coa Xunta por, penalizar, ademais, a aqueles que pediron unha baixa de maternidade ou paternidade, cando hai uns dias a conselleira de Política Social presentaba a Lei de Impulso Demográfico de Galicia que, supostmamente, contiña beneficios laborais para os pais e nais que solicitaran permisos de paternidade ou maternidade. Tamén porque favorecen, din, “a fuga de cerebros”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...