InicioEconomíaA Plaforma pola defensa da Ría de Vigo oponse a máis recheos

A Plaforma pola defensa da Ría de Vigo oponse a máis recheos

Este colectivo lembrou que a superficie gañada ao mar xa ascende a 3,2 millóns de metros cadrados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma pola defensa da Ría de Vigo ‘Cíes’ reiterou este mércores o seu rexeitamento aos recheos portuarios na baía, unha práctica que considera “xa superada” e apostou por “axilizar” a Plisan para mellorar a competividade do Porto.

Este colectivo lembrou que a superficie gañada ao mar xa ascende a 3,2 millóns de metros cadrados, que “se estivesen dedicados totalmente á actividade portuaria, serían máis que suficientes”.

A Plataforma sostén que “non é razoable” seguir aterrando a ría, onde “xa se eliminaron os mellores bancos marisqueiros, pesqueiros e mesmo areais”, e advertiu de que a mellora da competitividade do Porto de Vigo pasa por “axilizar” a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan).

Este posicionamento prodúcese tras coñecerse a intención do Porto olívico de gañar uns 65.000 metros cadrados adicionais en Bouzas, e mesmo a posibilidade de encher outros 50.000 metros cadros na zona do peirao de Comercio, unha práctica “depredadora”, segundo a Plataforma.

Finalmente, lembrou que a “volta” aos recheos na ría afectaría a recursos mariños, postos de traballo nos sectores de pesca e marisqueo, ao turismo e á calidade de vida, e suporía “alterar” a configuración natural da baía.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...