InicioEconomíaVigo quere un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea

Vigo quere un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron este venres unha reunión na que formalizaron a presentación da candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea.

Esta iniciativa forma parte do proxecto C-COOL da ESA, baseado na creación de distintos laboratorios en países europeos, nos que se experimentarán tecnoloxías cuánticas desenvolvidas pola axencia, ensaiando a súa validez para ser enviadas ao espazo.

Estas investigacións produciranse ao redor de seis campos: reloxos atómicos -de estroncio e iterbio-, interferometría, computación e comunicación cuántica, así como distribución de referencias de tempo e frecuencia.

Feijóo e Reigosa coincidiron en cualificar esta oportunidade como “única” a nivel nacional e internacional. Con iso, este laboratorio situaría Galicia como “referente en experimentación e investigación” en tecnoloxías cuánticas e podería converterse no xerme dun futuro centro de investigación experimental e teórica sobre competencias nestas materias.

Así mesmo, e baixo unha instalación compartida desde o ámbito público e privado, o laboratorio beneficiaría tamén a diversos sectores industriais, como o da automoción, o naval, o aeronáutico ou o farmacéutico, apuntou a Xunta.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...