InicioEconomíaO estaleiro Barreiras confirma o segundo contrato con Ritz Carlton e o...

O estaleiro Barreiras confirma o segundo contrato con Ritz Carlton e o “desexo” de negociar un terceiro barco

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección do estaleiro vigués Fillos de J.Barreiras e responsables de Ritz-Carlton Yatch Collection (a división de cruceiros de luxo da multinacional hoteleira) anunciaron este xoves a firma dun contrato para a construción dun segundo cruceiro de luxo.

Nunha rolda de prensa, na que estiveron presentes tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, o director de Barreiras, José García Costas, explicou que, este mércores, asináronse “os últimos documentos” que permiten a entrada en vigor deste contrato (o segundo, xa que se está ultimando a construción dun primeiro minicrucero de luxo nas bancadas viguesas). “O noso desexo, a nosa ilusión a partir de agora, é poder falar dun terceiro”, expresou García Costas.

Pola súa banda, o presidente do goberno galego puxo en valor que o estaleiro vigués, con axuda da Xunta, puido pasar nos últimos anos “do inferno” a “renacer das súas cinzas”, e desvelou que os dous pedidos asinados con Ritz-Carlton suman “un total de 500 millóns de euros”.

ÚLTIMAS

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...