InicioEconomíaAs afiliacións increméntanse nas sete grandes cidades no último ano, sobre todo...

As afiliacións increméntanse nas sete grandes cidades no último ano, sobre todo en Pontevedra e Vigo

Ingresan no sistema 18 persoas por cada 100 que están en idade de abandonar o mercado laboral

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de persoas afiliadas á Seguridade Social incrementouse no sete grandes cidades de Galicia nos últimos 12 meses (de marzo de 2018 a marzo de 2019), sobre todo en Pontevedra e Vigo, cun 3% e un 2,9% máis, respectivamente.

Así se desprende dos datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE) de afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia. Tras Pontevedra e Vigo sitúanse A Coruña e Santiago de Compostela, cun incremento do número de persoas afiliadas ao sistema do 2% e 2,1%, respectivamente.

Así, Pontevedra, Vigo e Santiago rexistran taxas de variación interanuais iguais ou superiores á media, que é do 2%, como no caso da capital herculina.

MÁIS DE 1 MILLÓN

En marzo de 2019 rexistráronse 1.006.613 afiliacións á Seguridade Social en Galicia, un 1,2% máis que fai tres meses, en decembro de 2018. Destas, 988.518 (o 98,2%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...