InicioEconomíaA empresa que máis factura de Galicia xa non está en Vigo,...

A empresa que máis factura de Galicia xa non está en Vigo, está na Coruña

Inditex adianta a PSA-Citröen e xa é a empresa que máis ingresos xera en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En 1994, PSA Citröen de Vigo situábase como a empresa que máis facturaba de Galicia, con 2.221 millóns de euros, mentres que Inditex ocupaba a segunda posición, con 494 millóns de euros. Unha situación que mudou radicalmente 21 anos despois.

Hoxe, a empresa de Arteixo case que duplica en ingresos a Citröen. Así, en 2015, o grupo de Amancio Ortega aumentou os seus ingresos até os 8.118 millóns de euros, o que a converteu na entidade que máis creceu de Galicia e que acapara sete das dez empresas que máis riqueza xeran en Galicia –-Zara, Bershka, Tempe, Massimo Dutti, Stradivarius e Pull&Bear–. En segunda posición situouse PSA, con 5.406 millóns de euros.

Así o reflicte un estudo que analiza, en concreto, a evolución do valor engadido bruto (VAB) –riqueza xerada, sen contar retencións– das compañías neste período. O informe foi realizado polo servizo de información empresarial Ardán e presentouno este martes a súa responsable, Susana Lama, e a delegada do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) –entidade creadora de Ardán–, Teresa Pedrosa.

Fábrica de Inditex en Arteixo, preto da Coruña / merado.es

Por sectores, os que presentaron o maior aumento do VAB entre 1994 e 2015 foron o téxtil, cun 1.580% máis; o de artigos de consumo, cun 458%; e o de servizos profesionais, cun 412%. A Coruña foi a única provincia na que a riqueza bruta xerada polas empresas aumentou por encima da media galega, cun incremento do 524%. Seguen a esta Lugo, cun 173%; Ourense, cun 152%; e Pontevedra, cun 145%.

PONTEVEDRA MELLOR EN COMPETITIVIDADE

O estudo tamén recolle a evolución das “mellores empresas” de Galicia, segundo os indicadores Ardán. son variables desenvolvidas en 2006 que identifican aquelas firmas con “mellores resultados” en aspectos relacionados coa xestión empresarial, como a competitividade, a innovación e a produtividade, entre outros.

Así, a provincia de Pontevedra é a que acolle máis empresas que dispoñen dalgún destes distintivos, con 609 compañías –un 60% máis que en 2006–, seguida da Coruña, con 564 entidades –un 11% máis–; Lugo –un 28% máis–, con 174; e Ourense, con 134 –un 38% máis–.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...