InicioEconomíaVigo, centro do transporte de mercadorías e viaxeiros do Corredor Atlántico

Vigo, centro do transporte de mercadorías e viaxeiros do Corredor Atlántico

O Goberno central presenta o plan director do Corredor Atlántico. Cifra en 3.558 millóns os diñeiros necesarios para as conexións do noroeste, case 500 máis dos fondos precisos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O plan director do Corredor Atlántico prevé 3.558 millóns de euros para a zona noroeste: 1.293 en renovacións e 2.265 para obras de nova construción. No último acto conxunto, Galicia, Asturias e Castela e León presentaron un estudo que estimaba nuns 3.1000 millóns os fondos necesarios para modernizar o seu tren.

De acordo coa presentación do plan director, celebrada este mércores en Madrid, o cuadrante noroeste recibirá 370 millóns de euros durante este ano 2019, que se investirán en actuacións en tramos de vía. Ademais, a explicación do Ministerio de Fomento recolle a León-Vigo como o “principal eixo do Corredor Atlántico de mercadorías na zona noroeste”, mentres, Vigo-A Coruña aparece como “principal eixo de transporte ferroviario de viaxeiros e mercadorías en Galicia”.  Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...