InicioEconomíaCitroën arrinca o ano en Galicia como líder no mercado de turismos...

Citroën arrinca o ano en Galicia como líder no mercado de turismos de segunda man

Con todo sufríu un descenso no mes do 2%, por encima da caída do 1,3% do mercado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Galicia vendéronse en xaneiro 10.100 vehículos de ocasión, o que supón un descenso do 4,69% respecto ao mesmo mes de 2018. Deles, 8.787 foron turismos e 1.313 furgonetas. Por marcas, colócase na cabeza en turismos con 841 unidades e en comerciais, 258.

Así se desprende dos datos publicados este luns pola Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove) que resalta que salvo en tres comunidades, Castela A Mancha, Cataluña e Madrid, no resto de comunidades producíronse descensos.

En concreto, o conxunto de España vendéronse 182.213 vehículos de ocasión, o que supón un aumento do 2,5% respecto ao mesmo mes de 2017. Do total, 158.230 foron turismos 4×4 que incrementan un 3,1 e 23.983 comerciais lixeiros (LCV) que arrincan o ano cun descenso do 1,3%.

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Segundo Ancove, o comportamento do mercado de segunda man foi moi desigual ao analizalo por comunidades, pois o crecemento susténtase en tres, Castela A Mancha que incrementou as vendas no mes un 25%, Cataluña cun 23,3% e Madrid, o 19%. O resto de comunidades tiveron caídas, con Aragón e Asturias por encima do 9%.

Por marcas, en turismos Seat ponse na cabeza en xaneiro ao vender 14.824 unidades, cun crecemento do 11,4%, moi por encima do 3,1% da media do mercado; seguido de Volkswagen, 14.503 e un 8,8% de aumento, e Renault que caeu no mes un -7,8% ao vender 12.218.

En turismos, Citroën líder en comerciais revalida o primeiro posto a pesar de sufrir un descenso no mes do 2%, por encima da caída do 1,3% do mercado. Renault, segunda cae un 4,9% e Peugeot o 1,8%. Respecto da idade dos turismos, 89.260 pasaban de 10 anos, o 56,4% do total, e 14.649 furgonetas, o 61%.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...