InicioEconomíaMar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Xunta realiza unha campaña extraordinaria de análises científicas para comprobar o estado dos bancos, que en 2025 xa apuntaban a unha posible recuperación da produción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo, unha campaña destinada a avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade nas zonas de produción. Ata o banco marisqueiro de Areiño, en Vigo, desprazouse este xoves a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, para supervisar os traballos que se están a realizar no terreo.

As análises están a ser levadas a cabo polos biólogos de zona da Consellería do Mar e polas asistencias técnicas das confrarías, no marco dunha campaña extraordinaria de avaliación que o Executivo galego desenvolve nas últimas semanas nos bancos marisqueiros de Galicia. Estas mostras permitirán obter datos científicos sobre o grao de afectación dos bancos, que posteriormente serán comparados cos resultados das mostraxes realizadas en outubro de 2025.

Segundo indicou a Xunta nun comunicado, aquelas análises previas apuntaban a unha evolución favorable dos bancos marisqueiros, cunha presenza significativa de biomasa de talla precomercial, o que facía prever unha progresiva recuperación da produción nos próximos meses.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...