InicioEconomíaZona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

Zona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo acordou este martes a adxudicación, por algo máis de 8 millóns de euros, da construción da planta de semiconductores fotónicos no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, á UTE Xestión Ambiental de Contratas S.L.- Abeconsa, S.L.U.

Segundo informou a Zona Franca, esta UTE presentou a mellor oferta entre as 17 licitantes, e o prazo de construción da factoría será de 18 meses. Os traballos deben comezar antes de final deste ano. Esta planta, destacou o organismo estatal, “será única en España e contribuirá á soberanía tecnolóxica e industrial de Europa” e a previsión é que estea a fabricar chips fotónicos “made in Vigo” no ano 2027.

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, apuntou que, coa construción desta fábrica, iníciase o proceso de “unha nova etapa industrial en Vigo, que suporá xeración de riqueza e creación de emprego tecnolóxico, o de maior valor engadido”

Por outra banda, a Zona Franca adxudicou á UTE Reboreda Martínez Antonio, SLNE- Alfonso Penela, a redacción do anteproxecto, proxecto básico, de execución e dirección facultativa da construción das novas naves que a Zona Franca de Vigo construirá nas parcelas na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

A oferta desta UTE presenta un importe de 919.180 euros (IVE excluído) e o prazo será de 6 meses para a redacción do Anteproxecto, o Proxecto Básico e de Execución. Será entón cando Zona Franca licitará as obras, que poderían comezar a finais de 2026, nas que está prevista un investimento total de máis de 30 millóns de euros. As novas naves loxísticas do Consorcio na PLISAN serán destinadas en réxime de aluguer ás empresas nun espazo propio de Zona Franca de case 42.000 metros cadrados de superficie.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...