InicioEconomíaO grupo porriñés de limpeza Darlim adquire a madrileña Maudel

O grupo porriñés de limpeza Darlim adquire a madrileña Maudel

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo Darlim, do municipio pontevedrés do Porriño, anunciou a compra da compañía madrileña Maudel, distribuidor especializado en maquinaria e útiles de limpeza profesional. Nun comunicado, a empresa detallou que a operación foi pechada en setembro e é un “paso crucial” na estratexia de crecemento e excelencia de Darlim. O obxectivo principal pasa por reforzar a división de maquinaria industrial e o Servizo de Asistencia Técnica (SAT).

Maudel, con sede en Madrid e unha facturación superior a 4,5 millóns euros cun equipo humano altamente cualificado de 14 persoas, achega unha alta especialización na comercialización, aluguer e mantemento de equipos. O presidente do grupo Darlim, Indalecio Cuevas, sinalou que a incorporación de Maudel permite “alcanzar a excelencia” no alicerce de servizo e “facer realidade” o concepto de ‘Interlocutor Único’ para o cliente profesional.

“Con esta adquisición, non só integramos un equipo humano altamente cualificado en maquinaria, senón que fortalecemos a capacidade de resposta inmediata da nosa rede de distribución a través do noso seis centros loxísticos con sedes en Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid e máis de 40 vehículos de repartición”, apuntou Cuevas.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...