InicioEconomíaO Porto de Vigo pide que os cruceiros que non pasen a...

O Porto de Vigo pide que os cruceiros que non pasen a noite na cidade estean exentos da taxa turística

PUBLICADO O

- Advertisement -

OA Autoridade Portuaria de Vigo solicitou á Xunta que a Lei de acompañamento aos orzamentos autonómicos de 2026 introduza un axuste con respecto á de 2025, de forma que os cruceiros que non pasen a noite na cidade estean exentos de pagar a taxa turística. Segundo informaron fontes portuarias, esta petición prodúcese tras as alegacións presentadas polo Porto na consulta pública sobre a aprobación da ordenanza fiscal reguladora da recarga municipal no imposto sobre estancias turísticas na cidade.

Segundo lembrou este luns o presidente do organismo portuario, Carlos Botana, a taxa turística debería ser unicamente aplicable a cruceristas que pasen a noite na cidade, “mantendo desta forma a coherencia co trato a outros viaxeiros que chegan en medios como avión, autobús, tren ou vehículo particular e márchanse o mesmo día sen pasar a noite”, que estarían exentos de abonar a dita taxa.

Respecto diso, lembrou que moitos dos cruceristas “nin sequera chegan a baixarse do barco durante a súa escala” e outros se desprazan directamente desde o buque a lugares de interese da provincia, polo que non utilizarían ningún servizo na cidade. Por tanto, expón, gravar o fondeo ou amarre sen pernoctación no porto expón “dúbidas xurídicas”, xa que o feito impoñible realizaríase nun espazo de dominio público portuario estatal e non de carácter municipal.

O porto de Vigo prevé para este ano 125 escalas e a visita de 300.000 pasaxeiros, un 40 % que o ano pasado, grazas ao “esforzo de promoción, investimentos en infraestruturas, e unha política tarifaria que aplica o máximo de bonificacións permitido pola lei.

Nese sentido, advertiu de que “a recarga municipal non o pagaría o turista, senón a compañía naviera, incluíndoo como un custo de escala”, e iso influirá na toma de decisións á hora de establecer as rutas. Así, un gran cruceiro de 4.500 pasaxeiros pagaría uns 18.000 euros en taxas portuarias e se se suma a taxa turística (1,5 euros por pasaxeiro), o gasto elevaríase ata os 25.000 euros.

O Porto alertou de que esta recarga prexudicaría negativamente a previsión de crecemento en materia de turismo de cruceiros e poría “en risco” este tráfico, coa posibilidade de que as navieras buscasen outros portos máis competitivos, “o que xeraría un duro golpe aos traballadores e empresas viguesas vinculadas ao turismo”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...