InicioEconomíaO estaleiro vigués San Enrique bota un catamarán e entrega un buque...

O estaleiro vigués San Enrique bota un catamarán e entrega un buque para a Antártida tras a súa posta a punto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estaleiro vigués San Enrique (Marina Meridional) culminou nos últimos días dous fitos, coa entrega dunha embarcación e a botadura doutra, segundo informou a empresa.

Así, a pasada semana chegouse a cabo a botadora do catamarán veleiro Flash SC80, de 23 metros de eslora, construído en fibra de vidro e que realizará cruceiros diarios polo Mar Adriático. A embarcación conta con capacidade para 140 pasaxeiros e unha tripulación de 6 persoas.

Por outra banda, tamén a semana pasada procedeuse á enrtega do buque Expedition, tras tres meses de posta a punto. O buque partiu de Vigo o pasado 28 de agosto, despois de que no estaleiro vigués leváronse a cabo diferentes traballos, como a revisión dos equipos principais, reparacións en calderería e tubaxe, e preparación loxística de face á súa próxima campaña de verán na Antártida.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...