InicioEconomíaConvocada folga indefinida no provedor de automoción Akwel Vigo tras varios despedimentos...

Convocada folga indefinida no provedor de automoción Akwel Vigo tras varios despedimentos e un futuro incerto

O comité de empresa denunciou que "o risco de peche é real e cada vez máis próximo", á vez que criticou que se actúe con "opacidade" ante os traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa da planta de Akwel Vigo, provedor da industria de automoción, anunciou este venres a convocatoria de folga indefinida a partir do 10 de xullo, despois dunha ducia de despedimentos no último ano e ante a incerteza que afecta á empresa tras perder o contrato con Stellantis. O órgano de representación dos traballadores trasladou á dirección da empresa a convocatoria desta folga e denunciou a “alarmante falta de carga de traballo” para despois do período estival na fábrica, instalada no Polígono do Caramuxo.

Segundo sinalaron do comité, a situación agravouse tras coñecerse que o grupo Akwel decidiu “abandonar”, por motivos económicos, o proxecto SCR (sistemas de redución catalítica selectiva) destinado a Stellantis. “Esta cancelación implica unha importante perda de actividade e facturación, afectando directamente as tres plantas do grupo, incluída a de Vigo”, alertaron. Este venres celebrouse unha reunión coa dirección da empresa, na que participaron o coordinador de CC.OO. para Stellantis en España, Santiago García, e o secretario xeral de CC.OO. Industria, Celso Carneiro.

Nela, lamentaron, a empresa limitouse a dicir que “hai que esperar” a ver se ao grupo “lle toca algo”, recoñecendo que non está a ofertar novos proxectos para Vigo. “Ante esta falta de compromiso e dun plan claro para o futuro”, o comité denunciou que “o risco de peche é real e cada vez máis próximo”, á vez que criticou que se actúe con “opacidade” ante os traballadores. Por iso, optaron por unha convocatoria de folga indefinida a partir do 10 de xullo, como medida de protesta “e en defensa do emprego e o futuro da planta de Vigo”.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...