InicioEconomíaCitroën ofrece unha compensación de 2.000 euros aos que acepten trasladarse á...

Citroën ofrece unha compensación de 2.000 euros aos que acepten trasladarse á quenda de fin de semana

Esta proposta forma parte do paquete de medidas de mobilidade que puxo sobre a mesa a empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën ofreceulles o pago dunha “compensación lineal” de 2.000 euros a aqueles operarios –con xornada completa no sistema 1– que, de forma voluntaria, acepten trasladarse á quenda de fin de semana.

Esta formulación forma parte do paquete de medidas de mobilidade que puxo sobre a mesa a empresa, no marco da negociación dun expediente de regulación de emprego temporal, que estará en vigor durante todo o ano 2019 e afectará a uns 400 operarios, debido á baixa demanda dos modelos que se montan no sistema 1 de produción (Peugeot 301 e C-Elysée).

Fontes da empresa explicaron que, ademais de expor o traslado voluntario de operarios da M1 á fin de semana co compromiso de que manterán os seus soldos –aínda que traballen menos días–, ofrecen tamén unha compensación económica de 2.000 euros.

Máis información, en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de...

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...