InicioEconomíaStellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de...

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis e os sindicatos chegaron a un acordo para levar a cabo este ano un novo expediente de regulación de emprego (ERE) voluntario e un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE).

En concreto, o primeiro deles afectará a un máximo de 80 traballadores, incluíndo persoal mensual e persoal horario. Ademais, segundo o pacto ao que chegaron ambas as partes, incentivarase a saída de persoas de 59 anos ou máis con indemnizacións análogas ás previstas en anteriores ERE. Para menores de 59 anos, a indemnización calcularase segundo os criterios previstos no Estatuto dos Traballadores para o despedimento improcedente. Ademais, exponse a extinción con dereito de retorno preferente, con posibilidade de reincorporación aos 36 meses e unha indemnización equivalente a 1,25 anualidades de salario anual bruto.

Así mesmo, en resposta á petición da parte social, tamén se incluíu como medida de acompañamento a posibilidade de suspensión do contrato con dereito de retorno para traballo noutra empresa ou nun proxecto persoal durante 12 ou 24 meses, cun incentivo de 0,5 anualidades de salario anual bruto ou dunha anualidade respectivamente. Segundo fontes da empresa, este acordo contou co voto favorable de nove dos 10 membros da parte social: SIT-FSI, UGT e CC.OO.

ERTE DE STELLANTIS VIGO

En canto ao ERTE, que foi aprobado con informe favorable de oito dos dez membros da parte social (SIT-FSI e UGT), afectará este ano a un máximo de 75 xornadas laborables de suspensión a título individual (50 días inicialmente cunha ampliación de 25 días no caso de que fose necesario) e a posibilidade de prorrogalo en 2026 ata consumir o número máximo de xornadas.

O ERTE aplicarase a todos os traballadores con contrato indefinido unha vez esgotadae a adecuación de xornada e o saldo dispoñible na Bolsa de Horas. Tamén se poderá acceder ao ERTE unha vez consumidas 20 xornadas de bolsa a título individual en 2025 ou consumidas 10 xornadas para aquelas persoas que utilizasen 30 días da bolsa plurianual ou outros días que lle correspondan individualmente en días de parada en 2023 e 2024. Entre outras medidas, manteranse as garantías económicas de expedientes anteriores (80% do salario convenio e complemento individual).

VALORACIÓN DE SINDICATOS

Ante este anuncio, sindicatos valoraron o acordo alcanzado, celebrando UGT que nel se recollan “moitas das cuestións” que se demandaban, así como que se mellorasen as formulacións iniciais (Stellantis solicitaba un ERE para 90 traballadores e o ERTE duraría 85 días). “No día de onte explicouse a proposta final da empresa e someteuse a valoración da asemblea de afiliados, onde cun 98 % dos votos a favor decidiuse dar o visto e prace ao ERTE e ao ERE”, subliñou UGT.

Pola súa banda, CC.OO. explicou o seu ‘non’ ao ERTE, indicando que unha das súas peticións “irrenunciable” era a consecución do tres semanas continuadas de vacacións no mes de agosto. “Non é comprensible que negociemos un ERTE tendo enriba da mesa un calendario de alta produción”, criticou nun comunicado. Sobre o ERE, que si asinou, CC.OO. entende que o plan voluntario pode axudar a que persoas que por idade ou por proxectos persoais fóra da fábrica poden decidirse a realizalos baixo o respaldo deste acordo.

CUT lamentou que a empresa volva optar por un ERE e un ERTE. “O que resulta especialmente indignante é que esteamos a falar dunha empresa que en anos anteriores obtivo beneficios obscenos, mentres agora tenta xustificar unha suposta baixada de vendas e de beneficios para seguir profundando en recortes e flexibilidade laboral”, criticou. Para o sindicato, estas medidas deberían ser “excepcionais” pero, ao seu xuízo, a dirección de Stellantis Vigo úsaas como unha herrmaienta de flexibilidade e de destrución de emprego.

ÚLTIMAS

O BNG pide retirar o Vigo Area do novo PXOM porque “arrasa” parte do bosque da Barroca “sen posibilidade de alegación”

O BNG de Vigo reclamou este mércores a retirada do proxecto Vigo Area do novo Plan...

Unanimidade na Cámara para reclamar ao Goberno que axilice os trámites para a Biblioteca do Estado

O pleno da Cámara galega demandou por unanimidade ao Goberno estatal que axilice todos...

As redes sociais e a súa influencia na percepción da corrupción política: unha análise do caso galego

A relación entre as redes sociais e a percepción da corrupción política é un...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro....