InicioEconomíaStellantis reduce a súa proposta de ERE para un máximo de 80...

Stellantis reduce a súa proposta de ERE para un máximo de 80 traballadores e o ERTE baixa de 85 a 75 días en 2025

Agora, os sindicatos terán que someter esta proposta a votación e decidir no próximo encontro, o mércores 12, se se acepta ou non.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección de Stellantis Vigo fixo este venres unha nova proposta a sindicatos para os expedientes de regulación de emprego (ERE e ERTE) que planea para este 2025, reducindo a afectación do primeiro de 90 a 80 traballadores e baixando de 85 a 75 as xornadas do segundo durante este 2025.

En concreto, segundo fontes sindicais, a compañía automobilística propuxo que o ERE afecte como máximo a 80 empregados de forma voluntaria cunha indemnización calculada baixo criterios recolleitos no estatuto dos traballadores para aqueles menores de 59 anos e con indemnizacións máximas de ata tres veces o salario anual bruto para os que teñen 59 anos (2,5 S.A.B. para os de 60; 2, para os de 61; e 1, para os de 62).

En canto ao ERTE, a proposta de Stellantis baixa a 75 xornadas individuais, das cales 50 serán ata finais do primeiro semestre e se é necesario sumaranse 25 máis, tendo que consunmirse 20 días de bolsa de horas antes de poder acollerse ao ERTE. Agora, os sindicatos terán que someter esta proposta a votación e decidir no próximo encontro, o mércores 12, se se acepta ou non.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...