InicioEconomíaVigo preséntase este xoves en Fitur como unha cidade "única no mundo":...

Vigo preséntase este xoves en Fitur como unha cidade “única no mundo”: do Nadal aos concertos de Castrelos pasando polas praias e as filmacións

"Imos ensinar a toda España o que é Vigo e o que somos", subliñou Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Concello se presentará este xoves na Feira Internacional do Turismo (Fitur), que se celebra a partir deste mércores en Madrid, como unha cidade “única no mundo”, destacando o seu Nadal, as súas praias e as súas festas. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor subliñou que Vigo acudirá unha vez máis a este evento, onde mostrará a súa proposta turística para 2025, pondo en valor non só o seu Nadal, tamén a Reconquista ou os concertos gratuítos no auditorio de Castrelos, ademais de “tantos e tantos eventos” que levan a cabo na urbe. “Imos ensinar a toda España o que é Vigo e o que somos”, subliñou Caballero, nomeando tamén as praias da cidade.

Un ano máis, Vigo desenvolverá a súa presentación na caseta de Turespaña, “a máis importante de todo Fitur” e, nesta ocasión, o acto durará ao redor dunha hora porque turísticamente a cidade é “un imperio”, ao ocupar “unha parte importantísima” do turismo de todo o país. A xornalista Paula Montes será a encargada de presentar o evento, que comezará ás 12.30 horas, coa colaboración de Luís García Rey. Tamén estarán outras caras coñecidas como Rodolfo Irago e Carlota Corredera. Antes, sobre as 11.00 horas, Vigo tamén organizará en Fitur unha presentación para mostrarse como estudo “das mil historias”, ofrecendo a cidade para rodaxes de películas, anuncios e demais audiovisuais. A este evento acudirá, segundo dixo Caballero, Antonio Durán ‘Morris’.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...