InicioEconomíaUn xulgado de Vigo condena a Stellantis por "discriminar" a empregados de...

Un xulgado de Vigo condena a Stellantis por “discriminar” a empregados de baixa ao reducirlles a paga de beneficios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 2 de Vigo condenou ao grupo automobilístico Stellantis por “descriminar” a empregados en situación de incapacidade temporal ao reducirlles a paga de beneficios.

No seu fallo, o maxistrado estima a demanda interposta pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) e declara contraria á lei as previsións de redución da parte teórica individual da paga variable de beneficios que establece o esquema de remuneracións de Stellantis para o período 2024-2027 por causar “discriminación directa e, subsidiariamente, indirecta por razón de saúde”.

Así, condenou tanto a Stellantis España como aos sindicatos CC.OO., UGT e SIT a cumprir as consecuencias económicas desta declaración, xa que esta medida foi asinada durante a negociación do novo convenio colectivo da empresa por estes sindicatos.

Pola súa banda, nun comunicado, a CUT celebrou esta decisión xudicial, indicando que, a pesar de que outros sindicatos e a empresa asinen acordos, estes non poden ir en contra da lexislación vixente. “Unha discriminación é unha discriminación aínda que a acepten CC.OO., UGT e SIT”, subliñou o secretario da sección sindical da CUT en Stellantis Vigo, Aclamación Mariño.

Unha vez máis se pon de manifesto que o sindicato maioritario en Stellantis asina acordos que van en contra da lexislación e sobre todo que atentan contra os dereitos dos traballadores. Só teñen en conta as necesidades da empresa, nunca as necesidades das persoas”, lamentou Mariño. A pesar de todo, esta sentenza é recurrible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...